Friday 26 de April de 2024

Cabo de Cruz e Samertolameu leváronse as bandeiras do Teresa Herrera de traiñeiras nas categorías feminina e masculina


A edil de Deportes, Mónica Martínez, apuntou que este evento é “unha cuestión fundamental para o Goberno de Inés Rey, que quere involucrar a cidadanía na práctica dos deportes náuticos”

A ensenada do Orzán acolleu esta fin de semana a trixésimo quinta edición do trofeo Teresa Herrera de traiñeiras na categoría masculina e a quinta na feminina. Este trofeo incluíu a décimo terceira bandeira de traiñeiras masculina e a segunda bandeira feminina, que se disputou esta mañá e da que saíron vencedores na categoría feminina a embarcación Cabo de Cruz e na categoría masculina a Samertolameu.

O concelleiro de Turismo, Juan Ignacio Borrego, e a concelleira de Deportes, Mónica Martínez, participaron na entrega dos trofeos que se desenvolveu na zona do Paseo Marítimo coñecida como a Finca dos Mariño.

A titular de Deportes, Mónica Martínez, sinalou que se trata dun evento máis co noso mar como protagonista, “unha cuestión fundamental para o Goberno de Inés Rey, que quere involucrar a cidadanía na práctica dos deportes náuticos”.

Esta cita, que lle pon fin á liga galega de traiñeiras, congregou na Coruña un total de 23 tripulacións masculinas e 8 femininas.